Xuvenlugo 2025
Datas e horarios
Datas de apertura:
Decembro 2025:
- Do 5 ao 8
- Do 12 ao 14
- Do 19 ao 23 (visita de Santa Claus)
- Do 26 ao 30
Xaneiro 2026:
- Do 1 ao 4 (visita da Paxe Real)
Horarios de 16:30 a 20:30
A entrada é válida para unha tarde completa.
Días de portas abertas:
- Día do Concello: 12 de Decembro
- Día da Deputación: 19 de Decembro
Días sen ruído
De 18:30 a 20:30 os días:
- Sábado 6 de decembro
- Domingo 21 de decembro
- Venres 26 de decembro
- Xoves 1 de xaneiro de 2026
- Domingo 4 de xaneiro de 2026
Entradas e prezos
Mercar as túas entradas desde a web é a forma máis cómoda e rápida para asegurar unha tarde en Xuvenlugo sen esperas.
Se tes calquera problema coa compra ou coa túa entrada online, podes escribir a transacciones@xuvenlugo.com
Evitas colas ao entrar
Chegas ao Pazo, vas directamente ao despacho de billetes para entradas online (haberá unha persoa atendendo exclusivamente a compras online e a grupos) e recolles a pulseira. Perfecto para días de moita afluencia ou se vés con nenos pequenos.
Garantes a túa entrada no día elixido
Algunhas datas enchen rápido. Mercando online aseguras a praza e non arriscas a quedar sen sitio.
Recibes a entrada no teu móbil
Sen papeis, sen impresións. Só tes que mostrar o código no despacho de billetes para que che coloquen a pulseira de acceso. No caso das entradas gratuítas, non é necesario recibir pulseira: simplemente amosa o código e poderás acceder sen máis.
Pagamento rápido e seguro
Proceso sinxelo e 100 % seguro con tarxeta ou método dixital.
Acceso máis cómodo para grupos
Se vides en familia ou con amigos, podedes organizar as entradas antes de chegar e entrar todos xuntos.
MEGASORTEO ESPECIAL DE NADAL
Sorteamos 6 entradas dobres, cómo podes conseguilas?
- Descarga un destes debuxos
- Colorea ao teu gusto
- O día que baixes a pasalo ben, deposita o teu debuxo na urna dentro do recinto de Xuvenlugo
E xa estaría!
O 23 de decembro ás 20:00 Santa Claus anunciará os 6 gañadores!
FAQ’s
Canto custa a entrada para Xuvenlugo 2025?
O prezo é de 9 € por persoa, agás os menores de 1 ano e os maiores de 70, que entran de balde.
Os nenos teñen que pagar?
Si. Todos os nenos maiores de 1 ano deben adquirir a súa entrada, xa sexa online para evitar colas ou directamente na billeteira. O prezo é de 9 €.
Os adultos teñen que pagar?
Si. Todos os adultos ata os 70 anos deben comprar entrada para acceder ao recinto, online ou na billeteira, cun prezo de 9 €.
É o mesmo prezo para nenos e adultos?
Si. A entrada custa 9 € para todos, salvo menores de 1 ano e maiores de 70, que entran de balde.
Existe algún tipo de desconto ou bono?
Si. Para grupos de 10 persoas ou máis o prezo é de 8 € por persoa. Os bonos poden mercarse online ou no despacho de billetes e deben empregarse todos o mesmo día.
Onde se recolle a pulseira de acceso?
Sempre no despacho de billetes, tanto se a entrada se comprou online como no propio Pazo. O persoal colocarache a pulseira nese momento. No caso das entradas gratuítas, non é necesario recibir pulseira: simplemente amosa o código e poderás acceder sen máis.
Como podo acceder ao meu panel para ver as entradas?
Cando completes a compra recibirás un correo co enlace para crear o teu contrasinal. Unha vez creado, podes entrar no teu panel desde a web de Xuvenlugo co teu correo electrónico e contrasinal para ver e descargar as túas entradas.
Non recibín o correo para crear o contrasinal. Que fago?
Primeiro, revisa o cartafol de correo non desexado ou SPAM. Se non aparece, vai á opción “Entrar” na web e preme en “Recuperar contrasinal” para recibir unha nova ligazón e seguir as instrucións. Se aínda así non che chega ningún correo, comproba que o enderezo introducido na compra é correcto. E, se tras todo isto o problema continúa, contacta coa organización.
Que validez ten a pulseira de acceso?
A entrada é válida para unha tarde completa, de 16:30 a 20:30 h.
Pódese entrar e saír do recinto?
Si. Unha vez colocada a pulseira, podes entrar e saír libremente durante toda a tarde.
Esquecín o meu contrasinal. Podo recuperalo?
Si. Na pantalla de acceso tes a opción "Recuperar contrasinal". Introduce o teu correo electrónico e recibirás un email cunha ligazón para establecer un novo contrasinal e volver acceder ao teu panel.
Teño varias entradas nunha mesma compra. Como as vexo no panel?
No teu panel verás o detalle de cada pedido. Dentro de cada compra poderás consultar todas as entradas asociadas, cos seus códigos QR e datos de acceso.
Pódense modificar os datos unha vez compradas as entradas online?
Calquera cambio que afecte á entrada do día debe solicitarse antes das 15:30 h da data de visita. Recoméndase contactar coa organización canto antes.
Podo comprar entradas online para outra persoa?
Si. Podes mercar entradas para outras persoas sempre que introduzas correctamente os datos de contacto e gardes o comprobante de compra.
Que atraccións hai?
Atoparás inchables, xogos, obradoiros, actividades deportivas, sorteos e moitas sorpresas pensadas para toda a familia.
Os adultos poden subir ás atraccións?
Si, os adultos poden gozar de todas as atraccións agás aquelas que teñan unha limitación específica de idade ou estatura.
En que consisten os días sen ruído?
Os días 6, 21, 26 e 29 de decembro e o 1 e 4 de xaneiro apagarase a música entre as 18:30 e as 20:30 h para crear un ambiente máis tranquilo.
Hai bar?
Si. A cafetería do Pazo, situada dentro de Xuvenlugo, estará aberta todos os días do evento.
Pódense celebrar aniversarios?
Si. Se precisades monitor ou actividades especiais, podedes contactar con Total Sport no 606 804 864. Para contratar a merenda, podedes chamar á cafetería do Pazo no 661 681 628.
Son unha asociación ou colexio e quero comprar bonos conxuntos. Como podo facelo?
Para grupos de máis de 15 persoas, deben contactar directamente co Pazo no 982 285 200, por WhatsApp no 646 271 963 ou a través de correo@pfclugo.com.
Teño un problema coa compra ou coas miñas entradas. Con quen podo contactar?
Se tes calquera incidencia durante o proceso de compra, non recibes o correo coas entradas ou atopas algún erro no pago, podes escribir directamente a transacciones@xuvenlugo.com. O equipo de soporte axudarate o antes posible.